Home Víchelo? CTNL A lingua non é unha peza de museo

A lingua non é unha peza de museo

0
A lingua non é unha peza de museo

Nuria P. Espasandín é das poucas persoas galegofalantes do seu contorno diario. “¿Quién? ¿La que habla gallego?” “Non me malinterpretedes, non son discriminada nin moito menos por falar a miña lingua porque ¡claro! ¡Son da aldea! ¡A nena é da Costa da Morte! ¡É normal! Normal si, pero triste tamén. É incrible a necesidade que ten a xente de explicarse por que unha persoa fala galego en Galicia. De buscarlle o sentido. E máis triste é ver que teñen razón.