Home Programas Área Compostela “Liñas paralelas” achega literatura e música aos CSC para o Día de Defuntos

“Liñas paralelas” achega literatura e música aos CSC para o Día de Defuntos

0
“Liñas paralelas” achega literatura e música aos CSC para o Día de Defuntos

Literatura e música ao vivo para unha data tan singular como é o Día de Defuntos. Eis a proposta que nos trae a través do proxecto “Liñas Paralelas” a concellaría de Políticas Sociais e Centros Cívicos e que presentou en rolda de prensa a súa responsable, Concha Fernández.

Na presentación estivo acompañada por Pepe Sendón e Guadalupe Rodríguez. Sendón salientou a importancia de traballar na Rede de centros socioculturais como un xeito de descentralización da cultura na cidade.

A esta actividade poden achegarse persoas desde os 15 anos e contará primeiro co apartado de “Asuntos de defuntos”, unha escolma de contos desta temática de autores como Rafael Dieste, Ánxel Fole, Brendan Behan, Tabucchi ou o francés Guy de Maupasant. Seguirán “Contos na Trisca” con relatos de Julio Cortázar, Rafael Dieste, Frank Kafka ou Álvaro Cunqueiro.