
A eurodeputada galega Lídia Senra participou onte nun debate no seo do Parlamento Galego sobre a proposta de Igualdade Lingüística na era dixital e denunciou que nin a propia UE, nin o Goberno central nin o galego están a garantir os dereitos lingüísticos.
Na súa intervención, Senra fixo fincapé en que as Institucións comunitarias garantan o pleno recoñecemento da lingua galega. Xa que logo, a día de hoxe, o Parlamento Europeo continúa sen posibilitar que as eurodeputadas e eurodeputados poidan expresarse nas linguas minorizadas con normalidade, xa que non está permitido que os servizos de interpretación do Parlamento Europeo realicen as traducións precisas.