Home Programas Área Compostela Lidia Senra: “O 80% das políticas que afectan á vida diaria dos galegos e galegas tómase na UE”

Lidia Senra: “O 80% das políticas que afectan á vida diaria dos galegos e galegas tómase na UE”

0
Lidia Senra: “O 80% das políticas que afectan á vida diaria dos galegos e galegas tómase na UE”

Lidia Senra, candidata por En Marea ao Parlamento Europeo, salienta no inicio da campaña electoral a importancia de que a voz das galegas e dos galegos se escoite no Parlamento Europeo. Destaca a necesidade disto porque “o 80% das políticas que afectan á vida diaria dos galegos e galegas tómase na Unión Europea”, di Senra.

Ademais, neste inicio de campaña Lidia Senra tamén destaca un “compromiso coa necesidade de deseñar unha Europa máis xusta e social e que antepoña as necesidades das persoas”. Por iso dende En Marea queren impulsar o feminismo, o ecoloxismo e o pacifismo como valores transversais.