A Asociación Animalista Libera leva recollidas máis de 70.000 sinaturas para que a Xunta prohiba os campionatos de caza de raposo. “A caza non ten finalidade nin utilidade algunha, supoñendo, só en Galicia, milleiros de animais tiroteados, contaminación por chumbo causada pola munición e que as persoas non poidan camiñar libremente polo monte. Esta práctica violenta tamén é responsable do abandono de centos de cans ao finalizar cada tempada, que son utilizados como simples ferramentas para acosar a especies silvestres ou para torturalas ante as risadas dos cazadores”, sosteñen dende a organización.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O campionato de Caza ao Raposo tivo lugar a pasada fin de semana en Triacastela e Láncara. Este evento podería ter infrinxido a propia Lei de Caza polo que se se presentaron varias denuncias ao ver, entre outras, a cazadores con armas cargadas por zonas non permitidas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -