Home Espazo Aberto Cultura LesCoruña presenta o I Congreso de Diversidade afectivo-sexual na Literatura

LesCoruña presenta o I Congreso de Diversidade afectivo-sexual na Literatura

0
LesCoruña presenta o I Congreso de Diversidade afectivo-sexual na Literatura

A Coruña acollerá en marzo o I Congreso de Diversidade afectivo-sexual na Literatura. O encontro, que se presentou oficialmente este mércores, ofrecerá referentes diversos, moito máis aló do heterosexual e do xénero binario. “Contaranse con autoras de temáticas diversas así como persoas da cultura e do mundo da música”, di Noemí Díaz de LesCoruña.

A Asociación de mulleres pola igualdade e visibilidade lésbica, LesCoruña, son as creadoras desta xornada que busca crear un espazo seguro e de confianza onde intercambair perspectivas e visibilizar a todas as persoas, con todas as súas identididades e orientacións sexuais.