O actor arxentino Leonardo Sbaraglia foi premiado polo Festival Cineuropa como homenaxe pola súa prolífica traxectoria. Sbaraglia debutou no cinema no ano 1986, co filme La noche de los lápices, unha crítica á opresión durante a ditadura de Videla. En España estreouse con Intacto, de Juan Carlos Fresnadillo, pero sería En la ciudad sin límites o seu filme máis salientado.
Un dos aspectos que máis caracteriza a Sbaraglia é o seu espírito loitador
O actor é un firme defensor da memoria histórica en Arxentina e España, e defende un cine máis independente ante os filmes máis comerciais.
O actor Leonardo Sbaraglia recibe o Premio #Cineuropa31. O arxentino amosouse hoxe como un firme defensor do cinema alternativo pic.twitter.com/eDgxJmBQ7w
— Nós Televisión (@NosTelevision) 14 de noviembre de 2017
Sbaraglia vén de estrear o seu último filme, El otro hermano, que lle valeu o premio ó mellor actor no Festival de Málaga deste ano.