As visitas de Leo Bassi (Nova York, 1952) ao noso país sempre trascenden. Unhas horas antes da súa actuación no Teatro Principal de Compostela concédenos unha breve entrevista na que non podía faltar a polémica que tivo con Conde Roa que chegou a prohibirlle actuar na cidade.
O cómico sinala que o ataque principal contra a liberdade de expresión é a censura económica.
Bassi reivindica a loita “na rúa” e non “nas redes sociais”
O propio Bassi lembra os actos violentos contra el como o incendio da súa “basílica” ou a bomba nun teatro. Para o bufón, a defensa das liberdades segue estando na rúa e non nas redes sociais.