Home Programas Espazo Aberto A lei de Fomento de Iniciativas Empresariais causa o rexeitamento total de colectivos sociais e ambientais

A lei de Fomento de Iniciativas Empresariais causa o rexeitamento total de colectivos sociais e ambientais

1
A lei de Fomento de Iniciativas Empresariais causa o rexeitamento total de colectivos sociais e ambientais

A Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais está a xerar numerosos detractores entre colectivos sociais e ambientais. Hoxe presentouse na Libraría Couceiro de Santiago unha Plataforma que iniciará unha serie de actos informativos e mobilizacións para freala.

Ofensiva de colectivos e asociacións contra unha lei que facilitará a depredación e destrución ambiental e o fomento da eucaliptización do noso país #LeiDepredaciónGaliza Máis info http://nostelevision.gal/leidepredacion/

Publicada por Nós Televisión en Miércoles, 27 de septiembre de 2017

Os promotores desta Plataforma son, entre outros, colectivos e organizacións como Verdegaia e Véspera de Nada, A Ría non se Vende, Adega,CIG, Comunidade de Montes de Cabral, Galiza Non Se Vende, Gentalha do Pichel, Luita Verde, Sindicato Labrego Galego e Terra Chá Sostible.

Os diversos colectivos e organizacións sociais que poñen en marcha unha campaña contra a Lei de Fomento Empresarial anuncian concentracións o 6 de outubro diante do Parlamento de Galiza e o día 22 en Compostela. Denuncian, deste xeito, a depredación e destrución ambiental e o fomento da eucaliptización do noso país.