Leiceaga pídelle a Feijóo un acordo para mellorar as políticas de recuperación demográfica

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, propúxolle hoxe a Feijóo no Parlamento galego un acordo para mellorar as políticas de recuperación demográfica. Na sesión de control ao Presidente da Xunta no Parlamento o dirixente socialista criticou as políticas que leva realizado o Goberno do PP e propuxo mellorar a situación laboral dos mozos e mozas para frear a emigración e mesmo acadar o seu retorno, con melloras laborais, políticas de conciliación e servizos públicos.

- Publicidade -

O presidente da Xunta respondeu negando as cifras achegadas por Leiceaga e afirmando que xa están chegando a acordos con outras comunidades para frear a emigración.

Leiceaga criticou as políticas “ineficaces e insuficientes” do PP na Xunta

Para o portavoz do Grupo Socialista no Parlamento galego algunhas iniciativas levadas a cabo polo goberno de Feijóo como a Tarxeta Benvida ou a dedución de 350 euros no IRPF son “ineficaces e insuficientes”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego