O voceiro do grupo parlamentario socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, compareceu en rolda de prensa no Pazo de Raxoi xunto ao voceiro municipal, Paco Reyes, para valorar os Orzamentos autonómicos para 2017 e presentar as emendas que os socialistas locais trasladaron para a súa inclusión no documento económico para o vindeiro exercicio. O parlamentario socialista comezou expoñendo a súa disconformidade para cos orzamentos da Xunta para o ano vindeiro a nivel galego.

- Publicidade -

Leiceaga tamén sinalou que estes orzamentos son moi negativos para a capital galega

O voceiro municipal, Paco Reyes abordou as propostas máis importantes que ao entender do grupo socialista municipal require a nosa cidade.

En total son quince as propostas por un importe total de 24,5 millóns de euros que os socialistas locais remitiron ao grupo parlamentario para incluir nas emendas que se presentarán en vindeiras datas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego