Leiceaga: “Coa volta de Sánchez, o PSOE está máis tranquilo”

Cúmprese un ano da vitoria do actual secretario xeral nas primarias do partido

Hoxe cúmprese un ano da volta ao poder do PSOE de Pedro Sánchez. O deputado socialista venceu nas eleccións primarias a Susana Díaz e Patxi López, recuperando unha secretaría xeral que perdera en outobro de 2016, por mor da súa negativa a apoiar un Goberno de Mariano Rajoy.

- Publicidade -

O voceiro do grupo socialista no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, valora positivamente o mandato de Sánchez, considerando que, tralo seu retorno, o partido está máis “tranquilo” e “controlado”. Leiceaga valora que o PSOE está a facer as cousas “ben” no Estado e confía en convencer ao electorado de que Pedro Sánchez é “a alternativa ao PP”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego