A denominada Lei Mordaza, en vigor desde xullo de 2015, continúa a reprimir as accións pacíficas de colectivos, persoas e institucións.
Aplican a “Lei Mordaza” á @CIGEnsino por protestar contra a LOMCE en Mondoñero ante a visita da Raiña Letizia https://t.co/DOpsuoMmuA pic.twitter.com/NflGinrhAU
— Nós Televisión (@NosTelevision) 5 de septiembre de 2017
Suso Bermello: “Múltannos por facer o noso traballo e por mobilizarnos”
Agora tocoulle á CIG-Ensino que recibiu unha sanción por se manifestar na inauguración do curso escolar 2016/17 diante do IES San Rosendo de Mondoñedo.
Nin nos calaron antes nin nos van calar agora. Nin con provocacións nin con sancións
Unha Lei que podería ser derrogada
A denominada Lei Mordaza continúa en vigor malia ser unha das normas que se comprometeron a eliminar varias das formacións políticas presentes no Congreso dos Deputados. Desde o sindicato nacionalista lembran agora as promesas destes partidos que, ante a minoría do PP no Congreso dos Deputados, aínda non aplicaron a “contundencia” necesaria