Primeiro foi Paco Reyes. Acusou na mañá de onte a Compostela Aberta de “condear aos traballadores á precariedade“. Deste xeito, o voceiro local socialista amosou a súa preocupación polos pregos do goberno local para a xestión dos centros socioculturais.
Concha Fernández: “Dialogamos coas partes desde o primeiro día”
Pouco despois, a concelleira de servizos sociais, Concha Fernández, respondeu ás críticas de Paco Reyes argumentando que xestionaron con normalidade o proceso e que o contrato de licitación de servizos “,ellora as condicións económicas” do anterior e que, como noutros procesos similares, está prevista a subrogación de traballadores e traballadoras.