Lea entre o PP e Compostela Aberta pola ubicación da Depuradora

Compostela Aberta lémbralle a Agustín Hernández as súas promesas incumpridas: "Mellor sería que tivese resolto o asunto cando foi conselleiro ou alcalde"

O PPdeG presentará no Pleno unha proposición para que o Concello acepte o construír a EDAR no Souto

Onde están os grupos ecoloxistas? A irónica pregunta do voceiro do PP

Deste xeito, o PPdeG considera que o emprazamento do Souto é o único lugar sobre o que se pode ubicar a nova depuradora.

Martiño Noriega insiste en explorar unha terceira vía para a ubicación da EDAR

O alcalde respondeu a Agustín Hernández lembrando as “promesas incumpridas” que o voceiro do PPdeG fixera sobre a EDAR como conselleiro de Medio Ambiente, e incidiu na necesidade de ter “tódalas garantías xurídicas” respecto do emprazamento do Souto ao tempo que reitera a súa vontade por explorar unha nova ubicación.

Críticas do Bloque

As críticas do PP chegan poucos días despois do rexeitamento por parte do BNG de explorar unha terceira vía para a depuradora 

 

- Publicidade -