Home Programas Área Compostela Laura Mijares. A islamofobia nas sociedades actuais: exclusión, diversidade e racismo.

Laura Mijares. A islamofobia nas sociedades actuais: exclusión, diversidade e racismo.

0
Laura Mijares. A islamofobia nas sociedades actuais: exclusión, diversidade e racismo.

Todos os países europeos están a pasar por un importante aumento do racismo, especialmente contra as comunidades musulmás, á vez que se normalizan os discursos sobre os dereitos humanos. Estes cambios reflíctense no incremento da importancia electoral da extrema dereita, malia que este factor non sempre está presente. Ao mesmo tempo, aumentan os dispositivos punitivos nos Estados, criminalizándose un número cada vez maior de prácticas.