A socialista Lara Méndez e o nacionalista Rubén Arroxo volven hoxe á mesa de negociacións. A alcaldesa de Lugo en funcións dixo ante os medios de comunicación que as negociacións “avanzan en positivo porque tanto o BNG como o Partido Socialista estamos priorizando a cidade por riba de todo”. Para Méndez, este é “o mellor horizonte para poder chegar a acordos”. Polo de agora, xa acordaron que haberá 13 concellerías, se ben os nacionalistas levarán a área de Cultura, os socialistas ocuparanse da carteira de Benestar.

En canto á provincia, en Lugo o nome do alcalde en funcións de Monforte, o socialista José Tomé Roca, comeza a sonar como próximo presidente da Deputación. Con todo, a última palabra sempre a terá a comisión federal de listas do PSOE.

- Publicidade -