A alcaldesa de Lugo confirmou o Arde Lucus será mixto: unha parte virtual e outra presencial que se espallará por diferentes puntos da cidade. A idea é que a xente pendure nos balcóns as súas bandeiras e saian caracterizados do mesmo xeito que sempre. Lembra Méndez que o ano que vén será a vixésima edición, polo que se fará fincapé na festa, de interese turístico galego e nacional, para que sexa distinguida tamén como Festa de Interese Turístico Internacional.
Tamén falamos coa alcaldesa Lara Méndez da reactivación da cidade e do Plan Reanima, que comezará en breve a pagar aos beneficiarios e comezará a súa segunda fase para completar os 5 millóns de euros.