Home Programas Espazo Aberto Lara Méndez critica a parálise da Xunta en Lugo: “Trátannos sempre como cidadáns de segunda”

Lara Méndez critica a parálise da Xunta en Lugo: “Trátannos sempre como cidadáns de segunda”

0
Lara Méndez critica a parálise da Xunta en Lugo: “Trátannos sempre como cidadáns de segunda”

Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, esixe que a Xunta reactive o proxecto para a rehabilitación do Cuartel de San Fernando para convertelo nun Museo da Romanización.

Tras ser declarado Ben de Interese Cultural, tras un concurso no que se decidiu un proxecto para a súa rehabilitación e a publicación no DOG do proxecto básico, a administración autonómica paralizou calquera movemento: “a Xunta Desapareceu sen máis, sen ningunha explicación, sen ningunha folla de ruta. Desde 2012 que saiu o proxecto publicado no DOG non soubemos nada máis”, explica Lara Méndez.

A alcaldesa de Lugo quéixase tamén da parálise da Xunta neste e noutros proxectos para a cidade: “Trátannos sempre como cidadáns de segunda, coma menores de idade, como cidadáns aos que non lles hai que dar explicacións. Temos proxectos inconclusos desde hai 20 anos.” É o caso do Cuartel de San Fernando, onde o concello quere construír un Museo da Romanización de Galicia que sería “único”: “Cando o Concello adquiriu o inmoble foi porque había un compromiso da Xunta para financiar a súa rehabilitación. Nós cumprimos a nosa parte pero a Xunta non.”