Lara Méndez, alcaldesa de Lugo: “Primeiro o Congreso, logo a folla de ruta”

O primeiro para solucionar a crise socialista é “convocar Congreso”

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, asegurou hoxe en Santiago que o primeiro que ten que facer o PSOE para solucionar a súa situación actual é celebrar o seu congreso.

En relación á proposta do PSOE de Vigo que plantexa unha nova xestora presidida pola titular da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a alcaldesa de Lugo reiterou que o importante é celebrar o Congreso non mudar a xestora.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Facer unha Xestora sería unha “equivocación” en palabras de García Formoso

Hoxe tamén formulou a mesma idea o Presidente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso, quen considera que sería unha equivocación formar outra xestora diferente nestes momentos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -