De seguro que moitas e moitos non coñecedes a Landra, a moeda social que está a funcionar desde hai 5 anos en Compostela. A nosa colaboradora Belén Piñeiro adéntrase nesta interesante experiencia social impulsada polo PIC (Proxecto Integral Compostela)
https://www.youtube.com/watch?v=sSAFEHxfWzc
Unha moeda cunha finalidade social
A Landra é a moeda social creada polo Proxecto Integral Compostela, complementaria ao euro e de utilización na bisbarra de Compostela.Unha moeda social é unha ferramenta que serve como unidade de medida e como valor de intercambio. A súa función é facilitar e cuantificar unha transacción ao marxe da moeda oficial. Ten unha finalidade social, polo que o que se pretende é que sexa accesible para toda a comunidade a quen vai dirixida.