Home Programas Espazo Aberto Lalín quere seguir medrando

Lalín quere seguir medrando

0
Lalín quere seguir medrando

O alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, presentou na casa do Concello a nova campaña de empadroamento deste municipio, capital do Deza, para manterse por riba dos 20.000 habitantes. Na presentación participou o funcionario de máis antiguidade e un representante de Nós Televisión, produtora que realizou o video desta campaña.

Segundo explicaron na presentación as perspectivas deste ano son mellores ca doutros aínda que “seguiremos traballando para manter a Lalín onde se merece”, en palabras do propio alcalde. A previsión é que este concello remate o ano con 20.110 residentes.

Orgullo e participación

A campaña leva por nome “Made in Lalín” e en palabras de Antón Fernández Escuredo de Nós Televisión “busca a transmisión do orgullo de pertencer a este municipio a través dos seus propios habitantes”. No video aparcen, entre outros e outras, o escritor Xabier Quiroga, as pandereteiras de Zobra e representantes de sectores da cultura, deporte e a empresa de Lalín.

CAMPAÑA EMPADROAMENTO 2017

Un municipio forte e dinámico precisa de xente coma ti. Presentamos hoxe o novo vídeo da campaña de empadroamento do Concello de LALÍN. Porque queremos seguir medrando. E porque ti tamén podes ser Made in Lalín!!

Publicada por Concello de LALÍN en Jueves, 23 de noviembre de 2017