Home Programas Espazo Aberto Lalín levará á rúa este agosto a súa programación cultural

Lalín levará á rúa este agosto a súa programación cultural

0
Lalín levará á rúa este agosto a súa programación cultural
<zxza<

O Concello de Lalín está disposto a que non pare a cultura no verán. Lara Rodríguez, concelleira de Cultura, e Damián Paio explicaron en rolda de prensa que para este mes de agosto, como aconteceu o ano pasado, as actividades terán como escenario a rúa aproveitando o bo tempo do verán.

Lara Rodríguez, concelleira de cultura, acompañada de Damián Pato, animador cultural © Concello de Lalín

A música dará comezo a este agosto cultural coa actuación este mesmo sábado ás 20:30 horas na rúa Colón coa banda A Lira de Prado. O sábado 19 na rúa D, á mesma hora, actuará a Banda de Vilatuxe. En setembro continuarán as actuacións de bandas coa de Lalín (2 de setembro, Km 0, 20 horas) e Algarabia no palco do Lago do Pontiñas.
Este mes Viravolta tamén sairá á rúa co seu Titirideza entre o 24 e o 27 de agosto cunha programación aínda por determinar.

O Circo tamén chega este agosto a Lalín da man de Pistacatro co espectáculo “Nono” (venres 11 de agosto, rúa Colón e en caso de choiva Museo Ramón María Aller, 19:30 h.), Duelirum con “O que queda por chover” (sábado 12 de agosto, rúa Rosalía de Castro, 19:30 h.) e Pistacatro con “Autoestopista intergaláctico” (domingo 13 de agosto, Praza da Igrexa, 19:30 h.).

Cinema en galego: Sicixia

Por último este mes tamén haberá cinema galego coa película “Sicixia” de
Ignacio Vilar (venres, 18 de agosto) que ten, entre o seu elenco actoral, a Monti Castiñeiras, Marta Lado e Arantza Villar.