Lalín investirá 165 mil euros no saneamento de Zobra

Desde o Concello falan dunha das obras "máis ambiciosas e máis ilusionantes" no rural de Lalín

Unha das parroquias máis afastadas do concello de Lalín, Zobra, contará nun futuro con rede de sumidoiros conectada ao saneamento municipal. Anunciouno o alcalde Rafael Cuíña ao tempo que aseguranba que era das obras “máis ambiciosas e máis ilusionantes das proxectadas no marco dos plans municipais para a recuperación do rural”. As obras realizaránse ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos da Deputación e contará cun investimento que supera os 165.000 euros. Ao remate veciños dos lugares de Zobra, Acebedo e Portela, poderán comunicar as súas vivendas a unha nova rede de sumidoiros, tal e como viñan demandando dende hai varios anos.

O concello xa realizou un investimento de preto de 60.000 euros na construción dunha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) coa que dar servizo ao saneamento. Trátase dun sistema absolutamente innovador e respectuoso co entorno, que alcanza unha excelente purificación mediante a creación de humedais artificiais con plantas autóctonas que xeran uns microoganismos encargados de eliminar os residuos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -