Home Programas Espazo Aberto Lalín conta cunha ampla oferta cultural para o Nadal

Lalín conta cunha ampla oferta cultural para o Nadal

0

O Concello de Lalín fará este ano unha importante aposta polas actividades de Nadal cunha ampla programación que leva por título “Enredos de Nadal”. As actividades comprenden varias áreas e foi presentada pola concelleira de Cultura, Lara Rodríguez, o tenente de alcalde e concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, e o concelleiro de Comercio e Emprego, José Manuel Fernández.

Un programa ambicioso

Programa completo de actividades

O ambicioso coordinado entre as tres concellerías será, segundo explicaron, a mellor programación que se fixo nunca no concello. Enredos de Nadal cubrirá practicamente todas as xornadas do Nadal con actividades, que se celebrarán en diferentes espazos, con protagonismo especial para a carpa da Praza da Igrexa e a biblioteca. Precisamente neste edificio vaise poñer en marcha un servizo experimental de ludoteca polas mañás, co que se complementa o campamento de Nadal (con 40 prazas), que ten lugar polas tardes e co que se completa unha ampla programación de actividades dinámicas, didácticas e educativas para os máis novos. A ludoteca poderá ter un máximo de 20 participantes por día, que se deberán inscribir previamente no concello. A programación cultural do mes de decembro tamén se incorporou ao conxunto de actividades de Nadal.

O mercado de Nadal terá lugar na carpa instalada na Praza da Igrexa e contará con máis de 35 expositores de alimentación e artesanía. A carpa tamén acollerá obradoiros, música, contacontos e outras moitas actividades orientadas ao público familiar.