Trátase dunha rede mundial de cineastas independentes que está implantado en máis de 100 cidades do mundo, sendo un espazo onde as e os cineastas colaboran entre sí na elaboración de curtametraxes, e que chega a Galicia por primeira vez. Marta Lois, concelleira de Turismo, foi a encargada de presentar esta maratón cinematográfica, hoxe, no Pazo de Raxoi. E quixo explicar as razóns polo que o Concello decidiu apoiar este evento.
Kino Galicia nace co obxectivo de favorecer o intercambio cultural e artístico entre cineastas emerxentes e recoñecidos, nunha rede internaciona. Será o punto de encontro de preto de 100 cineastas de todo o mundo, que convertirá a Santiago nun referente audiovisual.
Tamén participou na rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüistica, Valentín García, que remarcou a importancia que terá nesta maratón que cineastas galegos axuden a visibilizar a lingua galega neste marco intercultural.
A filosofía é ‘eu axúdote, ti axúdasme’. Non hai competitividade; si, colaboración
O evento terá lugar do 29 de outubro ao 3 de novembro e poderá participar calquera persoa apaixoada e namorada do cinema. Durante as xornadas de seis días, reunirán ao redor de 100 persoas coa mesma paixón polo cine e pola creación de películas de calidade. Formar grupos de traballo e… acción!.
O evento terá lugar no edificio CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), en Santiago de Compostela e prezo da inscrición varía en función dos días en que se participe (desde 27 ata 73 euros). As curtas promocionaranse nos diferentes eventos de Kino que se celebran en todo o mundo.