Kiko da Silva: “Os creadores non morreremos de coronavirus, senón de inanición por culpa dun goberno que nos ignora”

O historietista galego amósase moi crítico coas medidas do goberno e esixe ao ministro do cultura medidas concretas e factibles.

Kiko da Silva debulla as consecuencias que pode traer a crise sanitaria ás creadoras, nomeadamente a ilustradoras e historietistas.

- Publicidade -

Da Silva salienta que as medidas actuais non sirven, xa que a súa declaración de ingresos é anual e non poden acreditar ata o ano que vén os requisitos que requiren as axudas do goberno. Tamén fala do feble estado da banda deseñada no estado español en comparación con outros países como Francia.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego