Home Programas Espazo Aberto Kiko da Silva: “Bóveda está vivo dentro de todas e todos nós”

Kiko da Silva: “Bóveda está vivo dentro de todas e todos nós”

0
Kiko da Silva: “Bóveda está vivo dentro de todas e todos nós”

Unha das reaccións máis contundentes logo das palabras de Feijóo na recepción do cadro A derradeira leición do mestre de Castelao foi a do debuxante galego Kiko da Silva que propuxo un acto no Museo de Pontevedra. Rapidamente numerosas institucións e colectivos, como o Concello e a Deputación, deron o seu apoio á iniciativa.

Pontevedra protesta contra a manipulación de Castelao

Á mesma hora en que tiña lugar a inauguración da exposición Castelao Maxistral no Museo Gaiás o propio Kiko da Silva pintou ao vivo unha versión do cadro de Castelao. “Non se debe tentar cambiar a realidade nin a historia nin as circunstancias que levaron a crear esta obra”, asegurou.

“Esta que está aquí é a Galiza coa que soñaban Bóveda e Castelao”

No mesmo acto estiveron presentes Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, e Xosé Leal, deputado provincial de Cultura e Lingua. O BNG rexeitou acudir á inauguración e si estivo neste acto representado polo deputado provincial e concelleiro, Luís Bará.

A mellor homenaxe

“A mellor homenaxe que lle podemos rendir a Castelao e a Bóveda”. Así definiu Kiko da Silva o acto de hoxe na Sala Castelao do Museo de Pontevedra. “Esta que está aquí é a Galiza coa que soñaban Bóveda e Castelao”. O debuxante criticou aos políticos que “levan flores a un acto e logo ningunean”, para rematar dicindo que “Bóveda está vivo”.

Carmela Silva, polo seu lado, agradeceu a iniciativa de Kiko da Silva e apuntou que este era “un acto de memória histórica, da verdade” e denunciou a manipulación da obra de Castelao e Bóveda por parte do Presidente da Xunta.