Home Programas Espazo Aberto Khitara trae os clásicos do rock a Lalín

Khitara trae os clásicos do rock a Lalín

0
Khitara trae os clásicos do rock a Lalín

Lalín vivirá este sábado 27 de maio un reencontro co mellor da música rock co espectáculo “Khitara: unha viaxe íntima pola historia do rock”. A cita será no Salón teatro ás 20:30 horas e nela a formación Jose Carballido volve ao directo presentando o seu novo traballo, no que a fusión entre a música clásica e o rock crea un universo sonoro moi diferente ao que nos acostuman a chegar desde este estilo.

No grupo Khitara atopamos dúas guitarras clásicas, dúas eléctricas, un caixón flamenco e unha voz solista. No concerto que realizarán en Lalín, ademais dos temas do seu novo disco, a banda revisará grandes clásicos dalgunhas das máis importantes bandas de rock da historia (Deep Purple, Led Zeppelin, Queen, Scorpions, Boston…) adaptándoos á súa curiosa formación. O resultado é unha sonoridade única e moi interes ante que combina a dozura das guitarras clásicas coa forza das eléctricas de tal xeito que os temas interpretados acaban converténdose en novas obras.