Julio Torrado: Feijóo está a “facer piruetas lingüísticas” para facer ver que na Sanidade pública “non pasa nada”

O portavoz parlamentario de Sanidade do PSdeG-PSOE asegura que agarda que o PPdeG non vete comparescencias

A Comisión de Sanidade proposta por toda a oposición no Parlamento galego está a ser un dos quebradeiros de cabeza do goberno de Feijóo. A coincidencia entre EnMarea, PSdeG-PSOE e BNG para deitar luz sobre o caso acontecido no PAC da Estrada onde morreu unha persoa pon os recortes no primeiro plano da actualidade.

- Publicidade -

Julio Torrado, o portavoz parlamentario de Sanidade do PSdeG-PSOE, asegura a Nós Televisión que Feijóo pretende “facer unha trampa demagóxica” cando asegura que “criticar aos sistema é criticar aos profesionais”. O socialista pensa que “criticar aos profesionais é non dotalos de medios suficientes, recortar, precarizar e dificultar o seu traballo cando en Galicia temos un nivel altísimo.

Xogo limpo

Torrado agarda desta comisión “xogo limpo”. O portavoz parlamentario de Sanidade do PSdeG-PSOE quere que “non se veten comparecencias e que todo o mundo poida achegar luz para chegar á realidade do problema”.

Sobre este tema Julio Torrado “lamenta” que o PPdeG xa anuncie algúns vetos para esta comisión co cal “non se resolvería a actual situación”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego