Home Programas Espazo Aberto Juan Villoslada: “Hai proxectos do goberno anterior viables e válidos que levaremos adiante”

Juan Villoslada: “Hai proxectos do goberno anterior viables e válidos que levaremos adiante”

0
Juan Villoslada: “Hai proxectos do goberno anterior viables e válidos que levaremos adiante”

Falamos con Juan Villoslada, concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, con motivo da Semana da Mobilidade na Coruña. Villoslada anunciou a intención de levar adiante políticas de mobilidade para que a cidade medre “dun xeito máis humanizado”.

Ademais, o concelleiro de mobilidade  deixou clara a importancia de seguir cos proxectos comezados pola anterior corporación: “Hai proxectos do goberno anterior que consideramos que son viables e válidos que estamos levando adiante”, citando como exemplo a Praza do Mercado de Monte Alto. Tamén salienta a necesidade de continuar cos plans para revitalizar a zona vella: “non basta con peatonalizar, hai que darlle actividade.”

Ademais, o goberno municipal seguirá impulsando o carril bici e incorporará certas melloras.