Home Programas Espazo Aberto Juan Carlos Piñeiro (CxG): “Compromiso busca un encaixe novo de Galicia no Estado e en Europa”

Juan Carlos Piñeiro (CxG): “Compromiso busca un encaixe novo de Galicia no Estado e en Europa”

0
Juan Carlos Piñeiro (CxG): “Compromiso busca un encaixe novo de Galicia no Estado e en Europa”

Juan Carlos Piñeiro foi elixido como o novo Secretario Xeral de Compromiso por Galicia o pasado 21 de xaneiro na localidade de Teo no II Congreso Nacional desta formación. Logo de ser candidato pola provincia de Lugo dá este paso para defender “un proxecto galeguista” para o país.

[vc_video link=”https://youtu.be/XZvcsyZMFO8″]

O novo Secretario Xeral de Compromiso por Galicia defende o traballo do seu antecesor, Xoán Bascuas, nunha situación “sen apoios externos” e con algunhas “diferenzas” entre a militancia.

Piñeiro entende que no actual panorama político galego hai “espazo para CxG” e para o seu proxecto de “construcción federal”. O novo Secretario Xeral da formación galeguista admite contactos con outras formacións políticas galegas nunha situación de “crise” de credibilidade cara a sociedade.

“Hai espazo para Compromiso”

Nestes primeiros meses como dirixente de Compromiso, Piñeiro xa tivo reunións con diversos colectivos sociais para recoller propostas desde a cidadanía en temas como o ensino ou o agro.