Home Programas Espazo Aberto Juan Carlos Escotet considera que a universidade privada de Abanca é “indispensable”

Juan Carlos Escotet considera que a universidade privada de Abanca é “indispensable”

0
Juan Carlos Escotet considera que a universidade privada de Abanca é “indispensable”

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, comparecía este martes ante a prensa para dar conta do balance económico da entidade. Nese aspecto, uns dos datos máis salientables foi o beneficio neto de 405 millóns de euros que obtivo a entidade bancaria a finais do 2019. Así e todo, Juan Carlos Escotet tamén contestou ás preguntas das e dos xornalistas da sala nas que destacou a aposta de Abanca pola creación da primeira universidade privada de Galicia. O proxecto, que conta coa oposición do estudantado, os reitores galegos e os partidos da oposición, foi cualificado como “indispensable” polo propio Escotet.

 

Abanca tamén se pronunciou sobre as novas políticas de comisións que poderían deixar fóra a moitas pensionistas a partir do 1 de marzo. Quen non cumpra cos requisitos terán que pagar 50 euros ao semetre por ter a conta aberta. Ante isto, a directiva quitáballe ferro. “Quen máis se vincule, non paga comisións”, sostivo Escotet.