O grupo de En Marea no Parlamento de Galicia acorda propoñer a José Manuel Sande como senador de designación autonómica para a XIII Lexislatura das Cortes Xerais. A decisión adoptouse por maioría durante a elección celebrada entre as deputadas do grupo, na que Sande obtivo oito votos a favor, fronte a un único voto a favor de Mariló Candedo, a candidata da dirección do partido. Entre o resto dos deputados e deputados: unha persoa abstívose e outras catro decidiron non participar. As que non participaron pertencen ao grupo conglomerado arredor de Luís Villares que non aceptan a votación.

José Manuel Sande

José Manuel Sande é programador cultural e escritor cinematográfico, e posúe unha extensa traxectoria como activista social. Licenciado en Filoloxía Hispánica, entre o 2015 e o 2019 foi concelleiro de Culturas do Concello da Coruña durante o Goberno da Marea Atlántica.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -