O pleno do Parlamento designou ás tres persoas que, por designación autonómica, representarán a Galicia na Cámara do Senado: Elena Muñoz e Jesús Vázquez do PP e José Manuel Sande, como proposta do grupo parlamentario de En Marea. O PP, o PSdeG e grupo de En Marea -composto por Anova, Podemos e Esquerda Unida- votáronse entre si obtendo ás tres persoas o mesmo número de votos. A maiores, o BNG xunto Luís Villares e Pancho Casal votaron en branco.
Ante a ruptura do grupo parlamentario de En Marea será preciso reformular o funcionamento da Cámara para repartir as correspondentes quendas, financiamento e tempos de palabra. Un labor que xa iniciou o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e que podería influír nos tempos de intervención do BNG.
Neste mesmo pleno, Jackeline Elisabeth Fernández Macías tomou posesión como nova deputada do PPdeG en substitución de César Manuel Fernández Gil, elixido alcalde de Ribadavia.