Home Programas Espazo Aberto José Manuel Sande chama a desmitificar o Senado “como retiro dourado”

José Manuel Sande chama a desmitificar o Senado “como retiro dourado”

0
José Manuel Sande chama a desmitificar o Senado “como retiro dourado”

O ex edil de Culturas da Marea Atlántica e actual senador no Grupo Confederal de En Común Unidas Podemos, José Manuel Sande, apunta á Casa Cornide como un inmoble que podería seguir os pasos do proceso xudicial aberto contra os Franco pola titularidade pública de Meirás. Sande sostén que existe unha carta datada en agosto do 1962, que probaría que o rexime franquista falseou a adquisición da Casa Cornide, ubicada na Coruña e que forma parte do patrimonio dos herdeiros do dictador.

O novo senador tamén avogou por contribuír á “desmitificación” da Cámara Alta como “un retiro dourado” para os políticos, xa que cre que é “todo o contrario”.