O director de cine José Luís Cuerda participará en Santiago o vindeiro seis de abril, ás 18.30 horas no Teatro Principal no visionado e posterior coloquio da súa película “Amanece que no es poco”. Esta actividade forma parte do programa “Descarboniza! Que non é pouco” que puxo en marcha o concello a comezos deste mes de marzo co obxectivo de contribuír á redución da emisión de gases de efecto invernadoiro.
O proxecto conta na actualidade con tres grupos: un con mulleres de máis de 60 anos na Lavacolla, outro con mozos e mozas en Vite, e un terceiro mixto no centro sociocultural de Fontiñas.
O obxectivo de “Descarboniza! Que non é pouco” é contribuír á redución da emisión de gases de efecto invernadoiro para o que se forman grupos de persoas que se reunen na rede de centros socioculturais coa intención de mudar o seu estilo de vida e contaminar menos.