Conversamos con @Jorge_Suarez_F sobre a súa intención de repetir como candidato de @ferrolencomun. "Trouxemos dignidade, humildade, honestidade e autoestima" pic.twitter.com/CA7rkmBuTP
— Nós Televisión (@NosTelevision) June 5, 2018
Coincidindo coa celebración do terceiro aniversario da chegada de Ferrol en Común ao goberno municipal, Jorge Suárez anunciou a súa disposición para postularse como candidato á alcaldía para as eleccións de 2019. O actual alcalde da cidade afirma que se trata dunha decisión meditada.
Deste xeito, Ferrol entra xa no panorama preelectoral a falta dun ano da cita e comeza a despexarse o camiño das candidaturas. Así é, Jorge Suárez deixa a decisión definitiva na asemblea de Ferrol en Común que será, en todo caso, quen tome a decisión definitiva.
Trouxemos dignidade, humildade, honestidade e autoestima
Desde Nós Televisión quixemos conversar con el sobre esta decisión, as expectativas e o proxecto de cidade de Ferrol en Común que, como afirma un alcalde, o proxecto de rescatar Ferrol é un “proxecto a longo prazo” e que, como mínimo, precisa de dúas lexislaturas para amosar que, contra o que pensa boa parte da cidadanía, a cidade está lonxe de estar deprimida.