Home Programas Área Compostela Jorge Duarte defende a resolución do proxecto da Intermodal sen incrementar custes

Jorge Duarte defende a resolución do proxecto da Intermodal sen incrementar custes

0
Jorge Duarte defende a resolución do proxecto da Intermodal sen incrementar custes

O Concello de Santiago deu a coñecer hai uns días que Adif comunicou a súa intención de licitar de inmediato as dúas fases do proxecto da nova estación intermodal de Compostela. Os grupos da oposición municipal do PP e PSOE criticaron o traballo que vén realizando o goberno municipal para acadar canto antes esta infraestrutura para a cidade.

Duarte: “Hai que resolver os problemas coa mínima inversión posible”

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, Jorge Duarte, explicou que o seu grupo sempre defendeu un proxecto unitario e respondeu ao PSOE en relación ás obras que agora mesmo se fan de ampliación da cafetaría da estación. O edil tamén insitiu en coidar moito o custe económico das obras criticando outros proxectos especulativos.

No anuncio das licitacións da Estación Intremodal de Santiago está previsto que a segunda fase comece conxuntamente coa primeira para finais de 2017 ou comezos de 2018.