O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade de Santiago, Jorge Duarte, participou hoxe no congreso organizado pola publicación Carrilbus, diante de numerosas asociacións e empresarios do sector do transporte de todo o país. Na súa ponencia defendeu a creación dun ente supramunicipal para xestionar de maneira directa o transporte metropolitano.
Duarte sinala que agarda que a Xunta tome nota das reivindicacións dos municipios da área de Compostela para mellorar a situación do transporte.
.@jorgeduarteva aposta pola xestión directa do transporte metropolitano https://t.co/FUkbwrM3GI Defende a creación dun ente supramunicipal pic.twitter.com/CMevHQCGPi
— Nós Televisión (@NosTelevision) 09 marzo 2017
O concelleiro de Mobilidade tamén apuntou na súa intervención no Congreso a importancia de que o transporte público mellore os tempos para fomentar o seu uso.