O 17 de maio, Día das Letras Galegas, o deseñador Joan Rios comezou a publicar a através do seu instagram a súa visión particular sobre os signos da nosa lingua. A partir dese momento, Rios subiu cada unha das letras do vocabulario baseándose no galego e en Galiza. “Son pequenas palabras pero cun significado e cultura que están por amosar“, sostén. A equipa de Nós Televisión quixo ver que se agocha tras cada unha das súas letras galegas.
Joan Rios ilustra as súas letras con Galiza: “Quería facer unha homenaxe ás pequenas palabras que merecen ser coñecidas”
Inspirado nos trazos de Castelao e Isaac Díaz Pardo, Joan Rios presenta unha tipografía acompañada dunha palabra e unha ilustración