Jéssica Rei, Salvemos a Comarca de Ordes: “Estamos a vivir a burbulla da enerxía eólica”

A instalación dun megaparque eólico ameaza a comarca de Ordes

Salvemos a Comarca de Ordes advirte do inicio a trámite dun megaparque eólico na zona. Nos últimos días, pouco despois de teren realizado esta entrevista, enterábanse de que Iberdrola rexistrou en pleno estado de alarma un parque eólico que pasaría polos concellos de Tordoia, Trazo e Carballo. Este sumaríase aos outros trece proxectos de parques eólicos que xa se atopan en trámite e que afectan aos mencionados concellos e a Val do Dubra. “Estamos a vivir unha burbulla da enerxía eólica”, sostén Jéssica Rei do colectivo Salvemos a Comarca de Ordes e afirma: “son os do carbón pero con outro negocio: o vento”. Debullamos con ela o ‘boom’ do éolico: