Jeannette

0
Jeannette

Francia, 1425. No medio da Guerra dos Cen Anos, Jeannette, con só 8 anos, coida as súas ovellas na vila de Domremy. Un día dille á súa amiga Hauviette que non pode aguantar máis o sufrimento que causan os ingleses. Madame Gervaise, unha monxa, intenta razoar coa nena, pero Jeannette está lista para tomar as armas e lograr a salvación do imperio francés. Guiada pola súa fe, converterase en Xoana de Arco.

Butaca NUMAX: JEANNETTE

?‍♀ Sabela Pillado​ veu ver JEANNETTE (de Bruno Dumont​) e deixounos un vídeo para a #butacaNumax contando como a sorprendeu esta ópera rock da pequena Xoana de Arco Superstar. Sabela é crítica de cinema e traballa habitualmente como axudante de dirección en producións televisivas e cinematográficas. ?Tedes sesións de JEANNETTE hoxe ás 17:40 e mañá domingo ás 19:40.

Publicada por NUMAX en Sábado, 17 de marzo de 2018