Iván Rodríguez (Espiral): “Loitamos para non ser precarios e rematar emigrando”

O portavoz nacional da organización xuvenil Espiral participou onte no acto principal de Anova no 25 de Xullo

Iván Rodríguez, Portavoz de Espiral-Mocidade Republicana Galega, foi unha das persoas que tomou a palabra no acto de Anova realizado no Parque de Galeras no día de onte.

- Publicidade -

“Hai que estar coa sociedade organizada”

Rodríguez apostou por facer un “movemento xuvenil máis alá do fracaso” e xerar contrapoder, consolidar o conseguido e armar de argumentos á mocidade para superar os límites que ten a mocidade galega.

En Galeras, o voceiro de Espiral esbozou boa parte das problemáticas que, ao ser ver, ten a mocidade galega e emprazou á xuventude a tomar a palabra para rexeitar un emprego marcado pola temporalidade e a precariedade, a emigración ou a falta de certezas coas que afrontar o futuro.

 

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego