A concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou a IV Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage, que se vai celebrar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia do venres 27 ao domingo 29 de xaneiro. Na rolda estivo acompañada polos seus organizadores, Ángel Moix e Mari Cruz Madrid.
A organización agarda unha boa presenza de persoas interesadas neste mundo que cada vez está máis de moda
A IV Feira de Antigüidades traerá a Compostela máis de 30.000 pezashttps://t.co/lEuYNOFuco Hoxe @MLoisgonzalez estivo na presentación pic.twitter.com/4qxLDZCbyp
— Nós Televisión (@NosTelevision) 26 xaneiro 2017
A Feira acollerá a 40 expositores, chegados de diferentes comunidades do Estado e tamén de Francia e Inglaterra. Todos eles achegarán unhas 30.000 pezas para todos os gustos e prezos. Na propia feira tamén se realizarán tasacións para aquelas persoas interesadas en vender algún producto relacionado con este sector.