Home Programas Área Compostela “Isto vai de democracia”. Santiago mobilizarase en favor do proceso soberanista catalán

“Isto vai de democracia”. Santiago mobilizarase en favor do proceso soberanista catalán

0
“Isto vai de democracia”. Santiago mobilizarase en favor do proceso soberanista catalán

Unha mobilización unitaria percorrerá mañá as rúas compostelán en solidariedade co proceso soberanista catalán.

A concentración será ás 12:00h na Praza do Obradoiro e darase lectura ao manifesto do Pacto polo Referendo como apoio ao proceso que vive o pobo catalán. Oganizacións políticas como En Marea, BNG ou Compromiso por Galicia xa amosaron o seu apoio á convocatoria cidadá impulsada pola ANC Galiza.

A inmensa maioría da cidadanía en Cataluña está a favor de votar, ou ben a favor ou en contra da independencia“. Nós Televisión conversou esta mañá con Jaume, representante da ANC (Assemblea Nacional Catalana) en Galiza

A democracía é elixir

Galiza per la independència. As persoas impulsoras da manifestación queren amosar que a democracia é a”única via para solucionar conflitos políticos” e que, froito desa reflexion, o feito de “decidir o futuro colectivamente de calquera nación é un dereito fundamental”