Ecologistas en Acción súmase á campaña contra a mina de Touro. Isidoro Albarreal, integrante desta organización en Sevilla e vello coñecedor de Atalaya Mining, conversou na tarde de onte coa nosa colaboradora Pilar Aymara e resaltou o bo estado de forma do movemento galego contra a mina que afectaría a O Pino e Touro.
A entidade ecoloxista está a desenvolver durante toda esta semana unha serie de actividades en colaboración coas persoas da plataforma Mina de Touro-O Pino NON e compartirán experiencias na loita contra Atalaya Mining, onde Isidoro Albarreal e outros destacados activistas están a facer unha unha exposición da traxectoria e situación da loita pola paralización da mina de Riotinto,