Alén da choiva e o multitudinario tránsito de persoas, existe unha Compostela apracíbel e soleada que moitas veces fica esquecida. Dende o pasado 15 de marzo até o vindeiro 30 de abril, o Pazo de Fonseca será o escenario da mostra pictórica “Santiago pintado”, unha obra de Isabel Rey que tenta “abrir o apetito” polo coñecemento da cidade.
Debemos acostumar á cativada a pintar ao aire libre
Trátase dunha visión atípica dalgúns dos lugares máis emblemáticos da capital galega, plasmados cunha paleta de tons fundamentalmente ocres. Por outra banda, a pintora compostelá porá en funcionamento un blogue que permitirá afondar en distintos puntos de análise, coa fin de darlle continuidade unha vez finalizada a exposición. O obxectivo é fomentar a práctica da pintura ao aire libre, especialmente entre a poboación máis nova.
Con esta exposición, na que participou un conxunto de historiadoras da Universidade, Isabel Rey ofrece unha viaxe a través da historia dunha cidade que desprende interese en cada recuncho.