Isabel-Clara Simó: “A historia está chea de persoas e pobos invisíbeis”

A autora alcoiana, nomeada Escritora Galega Universal 2018, defende que "ningunha lingua é superior a outra" e pide "liberdade" para Catalunya

Escoitar un discurso de Isabel-Clara Simó significa asistir a unha auténtica lección de historia e literatura. A escritora alcoiana, xunto co presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez, compareceu ante os medios para agradecer o seu nomeamento como Escritora Galega Universal 2018, un título que agradece tanto coma o de “filla predilecta” de Alcoi.

Non son antiespañola, só quero liberdade

A prolífica obra de Simó está escrita integramente en catalán, a súa “lingua nai”. A autora é unha firme defensora das linguas minorizadas, xa que considera que “ningunha lingua é superior a outra”. A escritora citou a súa obra Els invisibles para facer alusión a tódalas persoas e pobos “invisíbeis” ao longo da historia, aproveitando para amosar a súa preocupación pola “grotesca” situación que atravesa Catalunya.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Isabel-Clara Simó teno claro: a boa literatura ten que producir no lector ou lectora “pensamentos e sentimentos”, namentres o argumento “é o de menos”. A escritora remata a súa intervención cunha invitación á lectura de “calidade”: “Lede pouco, pero lede ben”, expón.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -