O irmán de Ernesto Che Guevara, Juan Martín Guevara, está na Galiza. Con motivo do 50 aniversario do asasinato do revolucionario arxentino, a formación política Agora Galiza organizou varias conferencias para sabermos máis dos seus ideais e a súa figura.
Boa parte do pensamento do Che está sen difundir
A presentación das actividades realizouse en Compostela e nela participou tamén Carlos Morais, portavoz de Agora Galiza. Guevara, ademais, dirixe a asociación “Polas pegadas do Che” encargada de divulgar o seu pensamento.
Segundo o irmán do Che a maior parte do seu ideario aínda non está difundido, e puxo como exemplo a súa interpretación das posibilidades de futuras revolucións.
Guevara sinalou tamén na rolda de prensa que segundo o Che, Cuba non era unha excepcioanalidade histórica como escenario dunha revolución.
Este xoves en Compostela
Juan Martín Guevara falará do pensamento do Che os vindeiros 15, 16 e 17 de novembro en Vigo, Compostela e A Coruña